Regras para formar parte da lista

  1. Regla parva, pero a máis importante: téñenche que gostar ou interesar as linguas ou a Lingüística dalgún modo (¿por que quererías unirte se non?).
  2. Tes que dar unha dirección de correo-e válida para que calquera que comparta o teu interés ou a administradora podamos comunicarnos contigo (non te preocupes, as direccións expostas etán protexidas contra o lixo).
  3. NON é preciso que teñas un sitio güeb. Pero se o tes e queres que apareza listado aquí, sería moi amable da túa parte que colocases un distintivo ou código nalgunha das túas páxinas.
  4. Tanto ten cal sexa o tema do teu sitio, pero non listarei sitios que anuncien pornografía (aínda que o erotismo paréceme ben), o odio (certo sarcasmo está ben ;p), a anorexia, o suicidio e/ou demasiada violencia. Se o teu sitio é desa clase, só listarei o teu nome e máis o teu correo-e.
  5. Se non tes sitio güeb, podes poñe-lo enlace na signatura do teu correo-e ou algo similar.
  6. Ala, e isto é todo :)